Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, para a contratación e subministración de guindastres para os portos pesqueiros de Ribadeo e Corme.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación, polo sistema de concurso aberto, polo trámite de urxencia, a contratación e subministración de guindastres para os portos pesqueiros de Ribadeo e Corme.

Obxecto: contratación e subministración de guindastres para os portos pesqueiros de Ribadeo e Corme.

Orzamento e tipo: oito millóns oitocentas mil pesetas (8.800.000) IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de entrega: tres meses desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.

Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores na oficina de Información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar cualquera dos medios previstos no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase o mesmo día un telegrama ou fax á secretaría xeral, no que se comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de

Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás dez horas (10 horas) do segundo día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso, tal día pasará a se-lo primeiro hábil seguinte.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1999.

P.D. (Resolución 23-2-1999)

José-Ricardo Díaz Presedo

Subdirector xeral de Coordenación