Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de planta de producción de bioetanol en Teixeiro, que se vai realizar no concello de Curtis (A Coruña), promovido por Bioetanol Galicia, S.A.

O artigo 5, punto 2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1º Someter a información pública, no prazo de trinta días hábiles, contado a partir da publicación desta resolución, o estudio de impacto ambiental do proxecto de planta de producción de bioetanol en Teixeiro, que se vai realizar no concello de Curtis (A Coruña), promovido pola empresa Bioetanol Galicia, S.A.

2º Para os correspondentes efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.

-Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

-Casa do Concello de Curtis (A Coruña).

3º As alegacións, dirixidas ó director xeral de Industria, formularanse durante o dito prazo de trinta días e serán presentadas en calquera das oficinas que establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria