Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/261-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Moluscos Rías Baixas, S.L.

Domicilio social: A Granxa 54-Dorrón, 36960 Sanxenxo.

Denominación: L.M.T. na Granxa 54-Dorrón.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 304 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde un C.T. propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. denominado bombeo Raxó, ata o C.T. que se vai realizar na Granxa 54-Dorrón, concello de Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 28 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra