Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.851

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 222/1999, do 15 de xullo, polo que se desafectan do dominio público diversos inmobles das antigas cámaras agrarias locais de Narón, Barreiros, Pantón, O Rosal e Portas.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu punto tres establece que: «o Consello da Xunta, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles para os fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes».

Tendo en conta as solicitudes de cesión de uso presentadas, así como os informes favorables da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 21 de xuño de 1996 e do 26 de outubro de 1998, foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa

reunión do día quince de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

1. Terreo dedicado a soar para edificación, no sitio de Gándara de Altea, parroquia de Narón, municipio de Narón (A Coruña). Ten unha superficie de 480 m, producto de 15 m de fronte por 32 m de fondo. Sobre este soar construíuse unha casa de planta baixa de 60 m, resultado de 6 m por 10 m. Linda o conxunto: leste, camiño do embarcadoiro; e polo resto dos ventos co predio matriz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 729, libro 135, folio 112, predio nº 12.517, inscrición 3ª.

2. Edificio de planta baixa e alta, que ten unha superficie total contruída de 230 m, situado nun soar de 338 m, segundo recentes medicións, na parroquia de San Cosme, actualmente rúa Nova nº 73, termo municipal de Barreiros (Lugo). Estrema: norte, Concello de Barreiros, hoxe rúa Nova; sur, máis de María Cristina Pedrosa Posada, hoxe Luis López de Prado; leste, Concello de Barreiros; e oeste, de Rafael Palmeiro, hoxe José Palmeiro García.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo no tomo 680, libro 183, folio 100, predio nº 18.409, inscrición 1ª.

3. Edificio de dúas plantas, baixa e alta, de 110 m por planta, construído sobre un soar sito no Campo da Feira de Pantón, parroquia de Ferreira, termo municipal de Pantón (Lugo), cunha superficie aproximada de 1.470 m, que linda: norte, estrada que cruza o Campo da Feira, hoxe Paseo da Deputación; sur, Campo da Feira; leste, herdeiros de Manuel Fernández; e oeste, herdeiros de Jesús e Consuelo González.

4. Predio situado no lugar de Rapeira, municipio de Portas (Pontevedra), dunha superficie de 480 m. Linda: norte, camiño entre terreo anexo á casa do médico; sur, máis terreo propiedade do Concello de Portas; leste, proxecto de estrada; e oeste, camiño reservado para obras municipais. Sobre este soar construíuse un edificio de planta baixa de 160 m destinado a almacén e oficinas.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis no tomo 618, libro 43, folio 91, predio nº 6.243, inscrición 4ª.

5. Casa, con terreo unido, sinalada co nº 15 da praza do Calvario da vila e municipio do Rosal (Pontevedra); mide todo 335 m, dos que 145 m son do terreo no que hai un pozo e un alpendre destinado a garaxe de 25 m; a casa mide 190 m. Linda: norte ou esquerda entrando, estrada do Estado ou Avenida Ramón Franco; dereita, entrando ou sur, valo do adro da parroquia; fronte ou oeste, praza

do Calvario ou do Concello; fondo ou leste, predio matriz.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 599, libro 58, folio 247, predio nº 2.829, inscrición 3ª.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, quince de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda