Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.832

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de xullo de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Polo Decreto 38/1999, do 5 de febreiro, establécese a estructura orgánica da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para adaptala á nova estructura da Xunta de Galicia e dos seus departamentos, fixada polos Decretos 347/1997, do 9 de decembro e 351/1997, do 10 de decembro.

Pola súa parte, o Decreto 163/1999, do 14 de maio, modifica o artigo 5 do Decreto 38/1999, que determina as unidades dependentes da Secretaría Xeral.

Todo isto fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación desta modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

OT.C01.00000.15770.010Secretario/a conselleiro
OT.C02.00000.15770.001Secretario/a secretario xeral
OT.C03.00000.15770.001Secretario/a director xeralArtigo 6 da orde da Consellería da Pre-
OT.C04.00000.15770.001Secretario/a director xeralsidencia e Administración Pública
OT.C05.00000.15770.001Secretario/a director xeraldo 21 de novembro de 1989
OT.C99.10000.15001.001Secretario/a delegado provincial(DOG nº 232, do 4 de decembro).
OT.C99.10000.27001.001Secretario/a delegado provincial
OT.C99.10000.32001.001Secretario/a delegado provincialPostos de confianza.
OT.C99.10000.36001.001Secretario/a delegado provincial
OT.C02.00001.15770.003Negociado de Habilitación
OT.C02.00001.15770.040Sección Habilitación de Persoal Postos de especial responsabilidade
OT.C99.10000.15001.076Habilitado polo manexo de
OT.C99.10000.27001.051Habilitado fondos públicos.
OT.C99.10000.27001.052Habilitado-Pagador
OT.C99.10000.32001.048Habilitado
OT.C99.10000.36001.063Habilitado

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumprir este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Persoal funcionario

-Na páxina 8.715, do DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995 e no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA» o posto co código «OT.C99.10000.36001.034-AUXILIAR ADMINISTRATIVO», pasa a depender do organismo autónomo «AUGAS DE GALICIA» no centro de destino «DEMARCACIÓN GALICIA-SUR (VIGO)», na páxina 9.947 do DOG nº 218, do 7 de novembro de 1996, polo que pasa a te-lo código «OT.B99.20000.36560.016».

Persoal laboral

-Na páxina 8.723, do DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995 e no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA» o posto co código «OT.C99.10000.36001.112-OFICIAL 2ª», pasa a depender do organismo autónomo «AUGAS DE GALICIA» no centro de destino «DEMARCACIÓN GALICIA-SUR (VIGO)», na páxina 9.948 do DOG nº 218, do 7 de novembro de 1996, polo que pasa a te-lo código «OT.B99.20000.36560.070».

Observacións:

(1) Ocupado por laboral fixo.

(2) Sen dotar orzamentariamente.

(3) Ocupado por funcionario non pertencente á escala.

(4) Dispoñibilidade horaria.

(5) Dispoñibilidade horaria/Xornada especial.