Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

RESOLUCIÓN da Concellería de Urbanismo e Obras.

Solicitada pola Xunta de Compensación do Plan Parcial de Cordeda 2º fase, a expropiación dos terreos dos propietarios non incorporados en tempo e forma a ela, tendo a citada xunta a condición de beneficiaria e presentado simultaneamente o proxecto expropiatorio para a súa tramitación polo procedemento de taxación conxunta.

Vistos os informes da Área de Urbanismo incorporados ó expediente.

De conformidade cos artigos 134.1º, parágrafo segundo e 145 da lei do solo de Galicia.

Resolvo:

1. Incoar expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta, dos bens incluídos no

ámbito do Plan parcial de Cordeda 2ª fase, dos propietarios non incorporados á Xunta de Compensación.

2. Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio presentado pola Xunta de Compensación e sometelo a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, co fin de que os que resultaren interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que afecta á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

3. Notificárlle-las taxacións contidas no proxecto de forma individual ós que aparecen como titulares de bens e dereitos, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, contándose para eles o prazo de alegacións a partir da data de notificación se esta fose posterior ás publicacións do anuncio de información pública.

Culleredo, 22 de xullo de 1999.

P.D. (Resolución 14-7-1999)

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo