Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A resolución da Alcaldía do 22 de xuño de 1999 aprobou inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e fixación de aliñacións e rasantes na rúa Pumar Méndez-Cambre, presentado por Antonio Rivas Cupeiro e Luis García Otero, e redactado polos arquitectos Manuel Barcala Iglesias e Emilio Arguiz Vázquez.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da lei do solo de Galicia e artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se estimen pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.

Cambre, 6 de xullo de 1999.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde