Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO de concurso para a venda de parcelas do parque empresarial de Begonte (polígono A).

Con data do 1 de xuño de 1999 publicouse no DOG nº 6732, concurso de venda de parcelas, no que se detectaron erros nas superficies e prezos destas, polo que foi necesario suspende-lo concurso e modifica-la resolución pola que se fixan os criterios para o alleamento das parcelas e demais documentación necesaria para participar no concurso. Unha vez corrixidos os erros, a resolución poderá ser examinada nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sita na praza de Stº. Domingos nº 6-5º de Lugo, nas horas das 10 ás 14, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur-Lugo, ata as 15 horas do derradeiro día do prazo, ou o inmediato hábil seguinte se o vixésimo día natural cadra en sábado, domingo ou festivo.

A apertura das proposicións realizarase ás 14 horas, na sala de xuntas de Xestur-Lugo o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados), contado desde o derradeiro para a presentación das proposicións.

Lugo, 20 de xullo de 1999.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe provincial do Instituto Galego da Vivenda

e Solo en Lugo