Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de xuño de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-1-IV/78-1, conta 84).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula IV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia

e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co seguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 28 de xuño de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Enrique Díaz Bobo e herdeiros.

Expediente C-1-IV/78-1 (Desafiuzamento F.P. 208/99).

Conta 84.

R/ Emilia Pardo Bazán, bloque 46, P-37, baixo Esq. Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 2.098.989 ptas.

Data notificación: 23-6-1999 e 25-6-1999.