Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración de equipos informáticos como soporte ó Servicio de Apoio ó Sistema Universitario de Galicia con destino á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mediante a forma de concurso por procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b)Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Universidades

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de equipos informáticos como soporte ó Servicio de Apoio ó Sistema Universitario de Galicia.

b) Lugar de entrega: Servicios Centrais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Prazo de entrega: no prazo inferior a dous meses a partir da data de notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria

b) Procedemento: aberto

c) Forma: concurso

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e oito millóns novecentas mil pesetas (38.900.000 ptas.).

5. Garantías.

a) Provisional: 778.000 ptas.

b) Definitiva: 1.556.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 54 28.

e) Telefax: 981 54 54 22.

f) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c)Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2ª. Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

4ª. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres(3) meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Sala de Xuntas)

b)Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte o do remate do prazo da presentación de ofertas.

e) Hora: 9.30 horas

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria.