Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a subministración, entrega e instalación do material mobiliario, didáctico e de ciclos formativos para centros dependentes desta consellería. (Expediente SC 10/1999).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: SC 10/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material mobiliario, didáctico e de ciclos formativos para centros dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: almacén da consellería, sito no polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra).

c) Prazo de entrega:

Lotes 1 ó 17: 45 días.

Lotes 18 ó 41: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 477.669.487 ptas. (2.870.851,44 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: Edificio San Caetano s/n. Santiago de Compostela e delegacións provinciais.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 de setembro de 1999 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª. Domicilio: San Caetano s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 15 de setembro de 1999, a partir das 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria