Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.799

II.1.2.3: 14,600. Total: 14,600.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se convoca o concurso de traslados das prazas vacantes de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Vacantes na Administración de xustiza, postos de traballo de nova creación dos corpos nacionais de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza creados por Real decreto 936/1999, do 4 de xuño, que teñen a entrada en funcionamento acordada para o 1º de decembro de 1999, procede a súa convocatoria en concurso de traslado, de conformidade co establecido nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial e o capítulo III do título IV do Regulamento orgánico do corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza aprobado por Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

Por todo iso, o Ministerio de Xustiza, coordinadamente coa Comunidade Autónoma de Galicia, dispón convocar concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I, segundo as seguintes bases:

Primeira.-Postos que se poden solicitar.

1. Poderán tomar parte neste concurso e solicita-las vacantes de postos de traballo de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza os

funcionarios pertencentes ós devanditos corpos, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos que non rematasen o período de suspensión, sempre que reúnan as condicións para concursar conforme o establecido no artigo 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

2. Poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I desta convocatoria, sempre que reúnan os requisitos xerais esixidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

As devanditas vacantes identificaranse polo código do centro de destino, relación de postos de traballo e número de orde do posto de traballo. Coa soa solicitude dun posto de traballo dun dos órganos xudiciais enténdense pedidas tódalas vacantes do corpo existentes no devandito órgano.

Segunda.-Requisitos e condicións de participación.

1. Os funcionarios dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza só poderán participar se na data de remate do prazo de presentación de instancias transcorreu un ano desde a toma de posesión no seu actual posto de traballo definitivo (artigo 57.c) do Real decreto 249/1996).

2. Os funcionarios que se atopen nas situacións de excedencia voluntaria establecidas no artigo 34 b) e c) do Real decreto 249/1996, (excedencias por agrupación familiar e por interese particular), só poderán participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes transcorre

sen dous anos como mínimo desde que foran declarados nesa situación.

3. Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de fillos ó abeiro do disposto no artigo 35 do Real decreto 249/1996, só poderán concursar se transcorreu un ano desde a toma de posesión do derradeiro destino definitivo.

4. Os excedentes forzosos, os suspensos definitivos que perderan o seu posto de traballo e os excedentes voluntarios do artigo 34.a) do Regulamento orgánico aprobado por Real decreto 249/1996, gozarán, por esta orde, a primeira vez que se anuncie a concurso vacante do corpo na mesma localidade onde servían cando se produciu o seu cesamento no servicio activo, de dereito preferente para ocupala. Para exercer este dereito terán que solicitar tódalas vacantes que se ofertan na localidade para a que se exerce a preferencia.

Terceira.-Baremos.

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo farase de acordo co baremo establecido para valora-la antigüidade e o coñecemento da lingua oficial propia das comunidades autónomas, e os coñecementos informáticos naquelas prazas para as que así se estableza.

1. Antigüidade.-Polos servicios efectivos no corpo outorgarase un punto por cada ano completo de servicios, e computando proporcionalmente os períodos inferiores (0,0027777 por día, establecéndose os meses como de 30 días).

2. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma.-Nas prazas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, o coñecemento oral e escrito desta debidamente acreditado por medio de certificación oficial da Comunidade Autónoma, ou homologación do título presentado e do nivel ó que corresponda o título, supón o recoñecemento para estes efectos de ata 6 puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado nos termos da disposición adicional segunda do Regulamento orgánico aprobado por Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, na forma seguinte:

a) Curso de iniciación e perfeccionamento ou curso básico de linguaxe xurídica galega: dous puntos.

b) Curso medio de linguaxe xurídica galega: catro puntos.

c) Curso superior de linguaxe xurídica galega: seis puntos.

3. Coñecementos informáticos.-Nas prazas para prover que comporten especiais coñecementos informáticos e que así se sinalen nas relacións de prazas para solicitar do anexo, ós que acredite mediante fotocopia compulsada de certificación oficial os ditos coñecementos, outorgaráselles para estes efectos ata 6 puntos, ademais da antigüidade ou dos puntos obtidos polo coñecemento da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma que corresponda, de con

formidade co establecido no número 10 do artigo 54 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro. Para tal efecto teranse en conta os seguintes criterios:

1º Nivel 1: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos polo Ministerio de Educación e Cultura, Ministerio de Xustiza, Ministerio para as Administracións Públicas, Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, comunidades autónomas sen competencias transferidas e centros homologados e/ou recoñecidos, 0,50 puntos por curso, cun máximo de dous puntos.

2º Nivel 2: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos polo Ministerio de Xustiza e departamentos de Xustiza das comunidades autónomas con competencia en materia de xestión de persoal ó servicio da Administración de xustiza e centros homologados e/ou recoñecidos, cunha duración de ata 100 horas lectivas, tres puntos.

3º Nivel 3: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos polo Ministerio de Xustiza e departamentos de Xustiza das comunidades autónomas con competencia en materia de xestión de persoal ó servicio da Administración de xustiza e centros homologados e/ou recoñecidos, cunha duración de máis de 100 horas lectivas, catro puntos.

4º Nivel 4: títulos de formación profesional II ou III grao, especialidade informática, diplomatura en informática, cinco puntos.

5º Nivel 5: licenciatura en informática, seis puntos.

Os devanditos criterios non terán carácter acumulativo. No caso de que o funcionario alegue coñecementos informáticos aplicables a dous ou máis criterios, considerarase unicamente aquel que lle outorgue maior puntuación, e para o caso de non consta-las horas do curso impartido polo Ministerio de Xustiza ou Comunidade Autónoma con competencia en xestión de persoal ó servicio da Administración de xustiza, considerarase do valor dos sinalados no punto 2º desta clasificación.

Cuarta.-Modelos e prazos de presentación de solicitudes.

1. Os funcionarios destinados definitivamente en postos das relacións de postos de traballo dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza correspondentes a Galicia, así como os que se atopen en situación de servicios especiais e excedentes por coidado de fillo que teñen reservado o seu posto de traballo en Galicia, presentarán a súa solicitude axustada ó modelo V-I publicado como anexo II desta resolución no prazo dos 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dirixida ó director xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

da Xunta de Galicia, edificios administrativos San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

2. Os funcionarios destinados en postos das relacións de postos de traballo doutros corpos da Administración de xustiza ou doutras administracións que se atopen en excedencia do artigo 34 letra a) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, nos corpos de oficiais, auxiliares e axentes que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante esta resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-2 publicado como anexo II a esta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dirixida ó director xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, edificios administrativos San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

3. Os restantes solicitantes que desexen participar neste concurso, como os excedentes forzosos aínda que tivesen un destino provisional, os suspensos definitivos que perdesen o seu posto de traballo, os participantes con destino provisional por teren reingresado no servicio activo, así como os restantes excedentes voluntarios por agrupación familiar ou por interese particular, que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante esta resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-3 publicado como anexo II a esta resolución no prazo dos 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dirixida ó director xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta

de Galicia, edificios administrativos San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

4. As solicitudes poderán remitirse tamén na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de correos enviaranse en calquera das dúas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario; neste caso deberá ter entrada no rexistro xeral do Ministerio de Xustiza, Xerencias Territoriais ou rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Comunidade Autónoma de Galicia (edificios administrativos San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela), para os funcionarios destinados nos xulgados e tribunais de Galicia, en todo caso antes da data de

remate do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado; neste suposto presentaranse nas oficinas de correos en sobre aberto para seren datadas e seladas polo funcionario de correos antes de seren remitidas. Os participantes no concurso deberán envia-la instancia que teña o selo da oficina de correos, sen que poida admitirse pasado o prazo de presentación de instancias aquela que non cumpra este requisito, aínda que posteriormente se puidese acreditar tal extremo.

5. Os excedentes voluntarios por interese particular engadirán á súa solicitude declaración de non ter sido separados de calquera das administracións públicas.

6. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante. Do mesmo modo, mediante unha única instancia, deberán optar por participar desde o corpo no que o funcionario se atope en activo, ou reingresar ó servicio activo no corpo do que formen parte como excedentes.

Ó resultaren irrenunciables os destinos obtidos por instancia do funcionario, no caso de obter destino o reingresado ó servicio mediante concurso de traslado, quedará automaticamente en excedencia no corpo no que se atopase en activo.

7. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias.

Quinta.-Peticións condicionadas.

No caso de estaren interesados nas vacantes que se anuncian para unha mesma provincia dous funcionarios pertencentes ós corpos de oficiais, auxiliares e axentes, poderán condiciona-la súa petición ó feito de que ámbolos dous obteñan destino na mesma provincia, entendéndose no caso contrario anuladas as peticións condicionadas efectuadas por ámbolos dous. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional deberan concretalo na súa instancia, e engadir fotocopia da petición doutro funcionario.

No caso de que non se presentase a fotocopia da instancia do segundo concursante, entenderase anulada a petición condicionada efectuada por ámbolos dous.

Os funcionarios que se acollan a esta base, deberán agrupa-los postos que condicionan nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, poñendo o resto dos non condicionados a continuación.

Sexta.-Adxudicacións.

1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos da base terceira.

2. No caso de empate na puntuación total, acudirase para dirimilo á orde de escala do funcionario.

Sétima.- Carácter dos destinos adxudicados.

1. Os traslados que se deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razóns de servicio.

2. Os destinos adxudicados serán irrenunciables.

Oitava.-Resolución e prazo posesorio.

1. Esta convocatoria, resolverase por resolución provisional do director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, por delegación do secretario de Estado de Xustiza de forma coordinada co órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia, de xeito que se publiquen simultaneamente nos taboleiros de anuncios do Ministerio de Xustiza, das Xerencias Territoriais de Xustiza, da Comunidade Autónoma, así como dos tribunais superiores de Xustiza e audiencias provinciais.

2. A resolución provisional expresará o posto de orixe dos funcionarios ós que se lles adxudique destino e a súa localidade, así como a súa situación administrativa, se esta é distinta á de activo e o posto adxudicado a cada funcionario con referencia ó centro de traballo e localidade.

3. Contra as resolucións provisionais polas que se resolvan os concursos de traslado cabe formular alegacións no prazo de dez días desde a súa publicación nos taboleiros de anuncios referidos, perante a autoridade a quen se dirixiu a petición de participación neste concurso, utilizando para iso o modelo que se xunta a esta resolución como anexo III. Resoltas estas, por outra resolución, o concurso de traslado obterá firmeza.

Aquelas alegacións que non foran resoltas expresamente consideraranse desestimadas ante a publicación da resolución definitiva do concurso.

4. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido atoparase dentro do establecido no artigo 55 do regulamento orgánico aprobado por Real decre

to 249/1996, do 16 de febreiro, pero cando teña lugar dentro da mesma poboación deberá efectuarse nos oito días naturais seguintes ó cesamento.

5. O prazo para a toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento.

6. Se a resolución comporta o reingreso no servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá comezar a contar desde a dita publicación definitiva.

7. Se non se lograse a simultaneidade de publicación da resolución co Diario Oficial de Galicia, os prazos comezarán desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

8. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que estean desfrutando os funcionarios, non sendo que por circunstancias excepcionais debidamente motivadas se suspenda ou revogue o seu desfrute.

Novena.-Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo da provincia da Coruña no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido nos artigos 14.2º e 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local