Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, de 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local e disposicións concordantes, faise publico que o Pleno deste Concello, na sesión do día 26 de xullo de 1999 aprobou definitivamente o plan parcial O Salete.

Contra o dito acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recursos contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Outeiro de Rei, 26 de xullo de 1999.

José Pardo Lombao

Alcalde