Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 8 de xuño de 1999, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle da U.A. 44 do PXOU promovido por propietarios de terreos no ámbito e redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, que ten por obxecto a ordenación volumétrica correspondente de acordo coas determinacións do planeamento, coas modificacións respecto ó documento inicialmente aprobado derivadas da corrección de deficiencias requirida no acordo de aprobación inicial.

Determinar que o presente acordo pon fin á vía administrativa e que se pode recorrer potestativamente en reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. No caso de interpoñe-lo recurso de reposición non poderá acudirse á vía contencioso-administrativa ata a resolución expresa ou presunta deste.

O prazo de interposición do recurso de reposición é dun mes e resolverase no prazo dun mes; transcorrido este poderase entender desestimado por silencio administrativo.

O prazo para interposición do recurso contencioso-administrativo é de dous meses. No caso de interposición previa do recurso potestativo de reposición, o prazo contarase desde o día seguinte ó da notificación da súa resolución. Se non houbera resolución expresa, o prazo será de seis meses e contarase desde o día seguinte a aquel no que se entenda presuntamente desestimado.

Culleredo, 17 de xuño de 1999.

Julio Sacritán de Diego

Alcalde