Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do 19 de xullo de 1999, do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos, de concurso para o servicio de proxección de cine nas salas do Fórum Metropolitano.

Obxecto: é obxecto deste concurso a contratación do servicio de proxección de cine nas salas do Fórum Metropolitano.

Tipo de licitación: o orzamento máximo é de 1.600.000 ptas. (IVE incluído).

Garantías: para optar ó concurso terá que constituírse previamente, por calquera dos medios que autoriza a Lei de contratos das administracións públicas, unha fianza provisional de 32.000 ptas. en calquera das formas que autoriza a Lei 13/1995.

Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona ..... con enderezo en ..... rúa de ..... nº ..... provisto de DNI nº ....., actuando en nome propio (ou en representación de .....), informado/a do anuncio para contratar polo sistema de concurso o servicio de proxección de cine nas salas do Fórum Metropolitano, así como do prego de condicións regulador da licitación, aceptando integramente o seu contido e comprometéndose a acatalo, formula proposición optando á súa adxudicación conforme as seguintes condicións económicas:

En proba de aceptación destes compromisos, deixa asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como demostra co xustificante adxunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en sobres pechados no Rexistro Xeral de Entrada do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (Avda. Alfonso Molina s/n, edificio Coliseum), en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia, en horas das nove ás trece. No caso de resultar sábado, domingo ou festivo o día da finalización deste prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia nas oficinas do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos.

A Coruña, 19 de xullo de 1999.

O presidente

Rubricado