Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1999 pola que se anuncia concurso para a contratación do servicio de vixilancia nocturna da Cidade Deportiva A Torre (As99/21).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As99/21.

2. Obxecto do contrato: servicio de vixilancia nocturna da Cidade Deportiva A Torre.

Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 11.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de ofertas:

a) Plazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta ..... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación do servicio de vixilancia nocturna da Cidade Deportiva A Torre (referencia As99/21).»

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 19 de xullo de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado