Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T.-C.T. variante de Guizán, no municipio de Mos, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., do que por acordo desta delegación, do 19 de xullo de 1999, foi declarada a urxente ocupación de bens e dereitos. (Expediente 96/307 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 13 de agosto de 1999, a partir

das 11 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Mos, sinalados cos números:

Predios: 2-7.

Hora: 11.

Día: 13-8-1999.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual, que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e a hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 21 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente A.T.: 96/307. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T. variante de Guizán.Termo municipal: Mos.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Coutada-PedrasMonte altoManuel Palmeiro VeigaRegomil, 75

36417 Guizán-Mos

525

3Coutada-PedrasViñedoGuillermo Ogando CampoFreiría, 26

36318 Cabral-Vigo

52410

4Coutada-CruzMonte altoRamón Lago IglesiasPremidiño, 198

36417 Guizán-Mos

5B1,44735

5Coutada-CruzMonte altoJoaquín Lago IglesiasO Caeiro, 254

36318 Cabral-Vigo

18144

6Coutada-CruzMonte altoFrancisco Soto EstévezCamiño da Gorguiña, 17

36318 Cabral-Vigo

30240

7Coutada-CruzMonte altoJulia Barciela CampoR/ Rosalía de Castro, 39-2º A

36201 Vigo

20160