Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T.-C.T. Sobreiro-Oubiña, no municipio de Vilanova de Arousa, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., do que con data do 23-11-1998 foi decretada a súa urxente ocupación segundo o Decreto 296/1998, publicado no DOG número 216. (Expediente 90/1997 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 18 de agosto de 1999, a partir

das 11 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Vilanova de Arousa, sinalados cos números:

Predios: 4-22.

Hora: 11.

Día: 18-8-1999.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual, que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e a hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 25 de xuño de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente A.T.: 90/1997. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T. Sobreiro-Oubiña.Termo municipal: Vilanova de Arousa.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4NavaliñoPradoAntolín Paz SanrománBlancoamor, 1

36600 Vilanova de Arousa

17170

6NavaliñoLaborEmilio Fernández PiñeiroOuteiro-S. Miguel de Deiro, 69

36600 Vilanova de Arousa

55550

11CodeseiraLaborJosé Luis Martínez

Miguens

Pardiño, 19

36630 Cambados

22220

12CodeseiraLabor-viñaÁngel Villanueva AbalMouzos-Tremoedo

36620 Vilanova de Arousa

110

13CodeseiraLabor-viñaRosa e Ramón Betanzos RomeroS. Bartolomeu-Tremoedo, 13

36620 Vilanova de Arousa

11110

18CodeseiraMonte altoJulio Varela NúñezA Igrexa-Tremoedo

36600 Vilanova de Arousa

14220

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

20Agro VelloViñedoJulio Varela NúñezA Igrexa-Tremoedo

36620 Vilanova de Arousa

31550

22Agro VelloViñaJulio González CastroDeiro-Tremoedo, 1

36620 Vilanova de Arousa

16160