Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.744

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de abril de 1999 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas para a realización de proxectos de investigación e de bolsas correspondentes ó programa de apoio á innovación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

Producido erro na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 87, do 7 de maio de 1999, cómpre efectua-la correspondente corrección. Na páxina 5.449, no artigo 2, parágrafo 4º, onde di: «Tendo en conta que o novidoso desta acción dificulta facer previsión das posibles solicitudes, as cantidades previstas para os anexos I e II poderanse incrementar ata un máximo dun 40% en función das dispoñibilidades orzamentarias ...», debe dicir: «Tendo en conta que o novidoso desta acción dificulta facer previsión das posibles solicitudes, as cantidades previstas para os anexos I e II poderanse incrementar en función das dispoñibilidades orzamentarias ...».