Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (24/1999).

A Alcaldía Presidencia, con data do 6 de xullo de 1999, resolveu:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Ventorrillo Coruña, S.A. no polígono nº 2 do APE F8.01, coas seguintes matizacións:

O paso de 12 metros de diámetro, perpendicular á Ronda de Outeiro, debe ter necesariamente a con

sideración de patio de parcela (titularidade privada de uso público), xa que doutro xeito as parcelas propostas incumprirán a edificación máxima permitida pola norma zonal 2.1 (70%xSpxnº plantas).

A ocupación de baixo rasante do espacio libre público debe ser autorizada, e a urbanización deberá cumpri-las condicións do artigo 5.2º.7. a 6 da NN.UU. do Plan xeral.

2. Ordena-la publicación desta resolución na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de xullo de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo