Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 23 de xuño de 1999, da División de Asistencia Sanitaria, sobre o curso de perfeccionamento para a obtención do título de especilista en medicina familiar e comunitaria.

A comisión autonómica do curso de perfeccionamento para a obtención do título de especialista en medicina familiar e comunitaria comunícaselles ós alumnos relacionados na resolución da Dirección Xeral de Planificación Sanitaria do Ministerio de Sanidade e Consumo, do 4 de marzo de 1991, publicada no BOE nº 57/1991, do 7 de marzo, da realización do último curso que se tén previsto desenvolver en Santiago de Compostela.

En cumprimento do acordo da comisión autonómica, do 1 de xullo de 1998, polo que se acordou a realización en Santiago de Compostela do último curso de perfeccionamento para a obtención do título de especialista en medicina familiar e comunitaria, e seguindo os criterios aprobados o 2 de decembro de 1998, segundo os cales a quenda teórica se desenvolverá pola modalidade a distancia, con sesións presenciais periódicas e a quenda práctica se poderá realizar en centros sanitarios públicos ou privados acreditados conforme as posibilidades horarias e a titoría docente do director-coordinador do curso. Anúnciase a realización do dito curso a partir do 6 de setembro do ano que corre.

Os alumnos pendentes da realización do curso que desexen acollerse a esta última convocatoria poderán inscribirse para a súa realización no Servicio de Programas de Calidade e Investigación, da División de Asistencia Sanitaria do Sergas ( San Lázaro s/n Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 28 67) ata o 1 de setembro. A comisión autonómica considera que os alumnos non inscritos nesta última convocatoria renuncian á realización do curso.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1999.

Francisco J. López Rois

Director xeral da División de Asistencia Sanitaria