Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de mobiliario e tapicería para 17 dormitorios e un despacho no Pazo de Mariñán. (Expediente 99/4608 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de mobiliario e tapicería para 17 dormitorios e un despacho no Pazo de Mariñán.

Lugar de entrega: Pazo de Mariñán.

Prazo de entrega: 45 días.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 14.001.046 ptas. (84.147,98 euros, desagregado en 2 lotes).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: en horario laboral, das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de xullo de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almao Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña