Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo alcalde deste concello, o 29-4-1999, o proxecto técnico, e o 11-5-1999, o prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso por procedemento aberto (tramitación urxente) da obra que no punto 2 se indica, exponse ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Alcaldía. Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: acceso a Grixó, A Silvosa e Cernadelo, cun orzamento de execución de 13.018.068 ptas. e un prazo de execución de 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento da licitación e criterios de selección: os indicados no punto 2 (non se admiten baixas) e os criterios sinalados no prego.

5. Garantías. Provisional: 260.362 ptas. Definitiva: 520.723 ptas.

6. Obtención da documentación e información: secretaría do concello, praza de Calvo Sotelo, 36740 Tomiño; teléfono: 986 62 20 01, fax: 986 62 25 30, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

8. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG). Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das nove ás catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas: nun prazo máximo de 7 días naturais seguintes ó da data da apertura da documentación xeral dos sobres B e anunciarase, polo menos, 48 horas antes da súa realización cun edicto no taboleiro de anuncios do concello.

11. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios.

Tomiño, 11 de maio de 1999.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde