Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 108/1999 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques, e secretaria a xefa do Negociado, Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos

efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo, segundo o esta

blecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 17 de xuño de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Multa

máxima

Koke Vilalba, S.L.B-27206416LU-E 108/199926 e) LO

1/1992

Cidade de Viveiro, VilalbaAta 50.000 ptas.

José Rouco Río e Eduardo Fernández Hermida33.316.769

33.341.349

LU-E 114/199926 e) LO

1/1992

Avda. Terra Cha, VilalbaAta 50.000 ptas.

Mambo Tropical, S.L.B-27215581LU-E 121/199926 e) LO

1/1992

San Martín de Monte de Meda, GuntínAta 50.000 ptas.

Ángel Rodríguez Rodríguez46.570.251LU-E 113/199923 o) en relación co 26 e) LO 1/1992r/ Almirante Romay, 5-1º D, A CoruñaAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses