Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 19 de xullo de 1999 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 27 de maio de 1999 pola que se acorda continua-la tramitación, con cargo ós orzamentos do ano 1999, das solicitudes presentadas ó abeiro das ordes do 13 de maio de 1996 e do 15 de xuño de 1998, de axudas a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques.

Debido ó importante volume de solicitudes de axuda a accións de desenvolvemento e ordenación dos bosques recibidas, e co fin de acada-los obxectivos de mellora das masas forestais, ordenación sostible dos montes, así como o fomento de programas de sensibilización e divulgación forestal, esta consellería considera conveniente efectua-los trámites

precisos para incrementa-la dotación inicialmente prevista na orde de referencia.

Na súa virtude e no uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase o artigo 3º da devandita orde ó que se lle dá a seguinte nova redacción:

«As accións previstas na presente orde financiaranse, no exercicio do ano 1999, con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 15.02.614-C 770.0 por un importe de 712.648.366 pesetas e na aplicación 15.02.731-A 770.0 por un importe de 59.000.000 de pesetas.»

Disposición derradeira

Única.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente