Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se rectifica o artigo 20 do convenio colectivo da empresa Limpiezas Faro, S.L.

Vista a documentación remitida pola comisión paritaria do convenio para o mantemento, recadación, reconto e moedas, limpeza e publicidade de cabinas telefónicas, soporte e teléfonos de uso público das catro provincias de Galicia, da empresa Limpiezas Faro, S.L., publicado no DOG nº 38 do 25-2-1998, na que se comunica que: «Observado erro no artigo 20, onde di: Seguro de vida, debe dicir: Seguro de accidente, quedando o texto redactado como segue:

Artigo 20º.-Seguro de accidente.

Tódolos traballadores comprendidos neste convenio terán un seguro de accidente que está estipulado da seguinte forma:

En caso de morte: 2.000.000 de ptas.

En caso de invalidez: 3.000.000 de ptas.

Este seguro cubrirá as 24 horas do día e se o accidente ou defunción ocorresen en Galicia, en xornada de traballo, terían unha axuda de 1.000.000 de ptas.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1999.

Jose Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais