Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, para a adquisición de equipos para a Escola de Mergullo do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa-2 lotes.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación, polo sistema de concurso aberto, para a adquisición, polo trámite de urxencia, de equipos para a Escola de Mergullo do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa-2 lotes.

1. Obxecto: adquisición de equipos para a Escola de Mergullo do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa-2 lotes.

2. Orzamento de licitación: vintedous millóns duascentas corenta mil pesetas (22.240.000 ptas./133.665,09 euros) impostos incluídos.

a) Lote nº 1: equipos de mergullo con subministración desde a superficie: 17.905.000 ptas.

b) Lote nº 2: circuíto pechado de TV cor subacuático: 4.335.000 ptas.

Os licitadores poderán ofertar a calquera dos dous lotes ou ós dous.

3. Garantía provisional:

a) Lote nº 1: 358.100 ptas.

b) Lote nº 2: 86.700 ptas.

4. Garantía definitiva:

a) Lote nº 1:716.200 ptas.

b) Lote nº 2: 173.400 ptas.

5. Prazo de entrega: un mes contado a partir da sinatura do contrato.

6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e

de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras (rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños. Santiago de Compostela), na oficina de Información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela (edificio administrativo San Caetano) así como nas delegacións territoriais desta consellería, durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina.

7. Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela ou nos rexistros das delegacións territoriais desta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, deberase remitir un telegrama ou fax á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación no que se lle comunique a presentación da oferta.

8. Apertura de proposicións: faraa a mesa de contratación, que se reunirá nas oficinas centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación