Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación das obras de construcción do pavillón de internado e servicios de apoio do colexio de educación especial Santiago Apóstol (As Xubias-A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción do pavillón de internado e servicios de apoio do colexio de educación especial Santiago Apóstol.

b) Lugar de execución: As Xubias (A Coruña).

c) Prazo de execución: 22 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 739.046.874 ptas. (IVE incluído) (4.441.761,17 euros).

1999: 66.556.144 ptas.

2000: 296.174.843 ptas.

2001: 376.315.887 ptas.

Total: 739.046.874 ptas.

5. Garantías.

Provisional: ver cláusula 8.3.6 do prego de cláusulas.

6. Obtención de información e documentación.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n-edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 56 77.

6.2 Documentación.

a) Teléfono: 981 58 89 38.

b) Enderezo: r/ Xeral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría F.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1º. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2º. Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n-2ª planta.

3º. Localidade: Santiago de Compostela 15771.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais (sala de xuntas).

b) Enderezo: ver punto 6.1.b).

c) Localidade: ver punto 6.1.c).

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais