Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Metalgráfica Gallega, S.A., no concello de Vilagarcía de Arousa. (Expediente 97/043).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Metalgráfica Gallega, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. Las Carolinas 25-31, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data do 9 de maio de 1997, esta dirección xeral resolveu incluír no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, a planta de coxeración de 2.500 kW de potencia da empresa Metalgráfica Gallega, S.A. pertencente ó termo municipal de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Segundo.-Con data do 22 de xaneiro de 1999, a empresa Metalgráfica Gallega, S.A. solicita a autorización administrativa da referida planta de coxeración, da que as súas características básicas serán as seguintes:

-Dous grupos motoxeradores de 1.006 kW, 400 V.

-Equipo recuperación de calor con dous intercambiadores gases/aire.

-Caldeira de 768.000 kcal/h de auga sobrequentada.

-Equipo eléctrico de control, regulación e sincronización.

-Trafo principal de 2.500 kVA, 20.000/400 V.

-Estación de regulación e medida de gas natural.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra dictou Resolución do 29 de xaneiro de 1999 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 2-3-1999 e no BOP de Pontevedra do 16-3-1999, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autorizarlle-la planta de coxeración á empresa Metalgráfica Gallega, S.A., que se vai situar nas súas instalacións do termo municipal de Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director Xeral de Industria