Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.558

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 215/1999, do 15 de xullo, polo que se amplía o prazo de presentación de solicitudes establecido polo Decreto 118/1999, do 23 de abril, de cooperación coas entidades locais para 1999.

O Decreto 118/1999, do 23 de abril, publicado no Diario Oficial de Galicia, do 6 de maio, establece no seu artigo 11 un prazo de presentación de solicitudes de dous meses, contados a partir da data

de publicación do citado decreto, o que determinou a finalización dese prazo o día 7 de xullo de 1999.

Neste período de tempo, o pasado 13 de xuño celebráronse as eleccións municipais e ó Parlamento Europeo, o que supuxo un incremento considerable da actividade de moitas entidades locais.

Esta circunstancia especial determinou que un número notable delas nun puideran aproba-los proxectos correspondentes para a presentación das solicitudes do Fondo de Cooperación Local para 1999.

En virtude do exposto, oída a Comisión Galega de Cooperación Local, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-O prazo de dous meses sinalado no artigo 11 do Decreto 118/1999, do 23 de abril, queda ampliado ata o día 17 de agosto de 1999.

Disposición transitoria

A ampliación do prazo de presentación de solicitudes prevista neste decreto non afectará ás presentadas no prazo establecido inicialmente, as cales continuarán coa súa correspondente tramitación.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda