Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1999 pola que se anuncia concurso para a subministración de diverso material informático, con destino á imprenta provincial.

Tipo de licitación: 3.500.000 ptas., IVE incluído.

As características peculiares e a documentación necesaria para tomar parte no concurso figuran no expediente que teñen no Servicio de Contratación.

Plicas: durante 26 días naturais contados a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a provisional do 2% do tipo de licitación e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 13 de xullo de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado