Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

POXA de obras de plans provinciais e fondo de cooperación local.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras:

Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/orzamento.

25/PB/99/Rede de sumidoiros en Cenlle/Cenlle/3 meses/7.790.000 ptas.

26/PB/99/Acondicionamento camiño Sadurnín-Cenlle/Cenlle/3 meses/5.000.000 de ptas.

50/PB/99/Sinalización no municipio/Paderne de Allariz/3 meses/4.000.000 ptas.

52/PB/99/Pavimentación prazas en Solbeira e O Moredo/Paderne de Allariz/3 meses/4.720.000 ptas.

71/FCL/99/Abastecemento e saneamento en Presqueira/Baños de Molgas/4 meses/13.893.035 ptas.

221/FCL/99/Saneamento e pavimentación en Outeiro e Cruz en Vide/Castrelo de Miño/4 meses/13.477.455 ptas.

281/FCL/99/Abastecemento e saneamento varios núcleos Cualedro/Cualedro/5 meses/14.230.369 ptas.

551/FCL/99/Saneamento en Figueiroá e Rioseco/Paderne de Allariz/4 meses/13.259.282 ptas.

581/FCL/99/Rede de sumidoiros nos Gozos/O Pereiro de Aguiar/3 meses/15.245.287 ptas.

448/POL/99/Saneamento e abastecemento a Guamil/Baños de Molgas/5 meses/13.360.000 ptas.

73/CAEII/99/Rede de sumidoiros A Aldeíña, Lavandeira, A Reguenga/Maside/5 meses/13.944.000 ptas.

Ourense, 8 de xullo de 1999.

O presidente

Rubricado