Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de exposición pública.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 4 de xuño de 1999, acordou inicia-lo expediente de expropiación, con ocupación urxente, dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto técnico complementario de expropiación para a ordenación funcional da rúa de San Lázaro. tramo: estrada N-547.

En cumprimento do disposto no artigo 56 e seguintes do Regulamento de expropiación forzosa, o concello expón ó público o dito proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo de quince días, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local ou desde a notificación individual, se esta fose posterior, para que os interesados poidan formula-las alegacións que consideren oportunas.

Este edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.

P.D.

Pedro A. Fernández Fernández

Concelleiro delegado de Urbanismo

Relación de bens e dereitos afectados

Termo municipal: Santiago de Compostela

Situación: rúa Canteira de Arriba, San Lázaro

parc.

Propietario/aBens afectadosExp.

m

22 AGonzález García, Cesáreo30 m galpón-garaxe

1 portal

1 árbore mediana

45

22 BVázquez Garea, Emilio17 m galpón-garaxe

1 portal

3 m piso cemento

Cancela

12

22 CMíguez Liñeira, José3,60 m muro formigón39

22 DChapela Barreiro, Antonio24 m peche de arame plastificado

1 portal chapa

3 ud. cepas de vide armada

42 m beirarrúa pedra

1 portal chapa

22 m muro bloque formigón

25 m sebe vexetal

4 ud. piar formigón 3x0,3x0,3

1 ud. traslado contador

1 ud. columna cadro contadores

2 ud. palmeira

2 ud. camelia

22 m arame plastificado

1 ud. pozo barrena e instalación

53

22 EGonzález Iglesias, Carlos1,80 m formigón

4 ud. piar formigón 2,5x0,15x0,15

1 ud. pozo

1 ud. caseta pozo instalación

1 ud. lavadoiro

25 m beirarrúa formigón

1 ud. piar formigón 3x0,3x0,3

1 ud. cepa vide armada

28

57Vázquez Vilariño,. Luis425