Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de xuño de 1999, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, por procedemento aberto da obra de cubrición de espacio libre no CEIP Xesús S. Luis Romero o cal se expón ó público polo prazo de oito días para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 2.318.327 ptas.

Prazo das obras: 2 meses.

Fianza provisional: 46.366 ptas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da Corporación, en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de vinteseis (26) días naturais contados a partir da última publicación.

Documentación: presentarase en dous sobres pechados:

Sobre A: subtitulado Oferta Económica.

Sobre B: subtitulado Personalidade Xurídica e Xustificantes.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 5 de xullo de 1999.

Manuel Varela Rey

Alcalde