Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 19 de xullo de 1999 Páx. 9.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 8 de xuño de 1999, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar, con carácter definitivo, o plan parcial correspondente a un sector dentro da área 2 de SUNP delimitada no PXOU vixente (Monte Anchouza-Rutis), promovido por este concello en virtude de convenio cos propietarios dos terreos, contido no texto refundido redactado polo arquitecto Manuel Villar Álvarez, no que se introduciron determinadas modificacións respecto ó documento inicialmente aprobado, derivadas do propio acordo de aprobación inicial, das alegacións presentadas no período de información pública e dos informes emitidos pola Delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con datas do 4-9-1998 e 26-3-1999, incluíndose no artigo 12 das súas ordenanzas reguladoras relativo ós proxectos de urbanización as seguintes precisións:

«O proxecto de urbanización xustificará o cumprimento do disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto,

sobre accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para a aprobación definitiva do proxecto de urbanización constará a correspondente autorización de acordo co Regulamento do dominio público hidraúlico.

Proceder á publicación deste acordo no DOG e no BOP (neste último publicarase a normativa e ordenanzas contidas no documento aprobado) e comunica-lo acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda remitindo, así mesmo, copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares dilixenciados do documento aprobado.

Determinar que este acordo pon fin á vía administrativa e pode recorrer potestativamente en reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. No caso de interpoñe-lo recurso de reposición, non poderá acudir á vía contencioso-administrativa ata a resolución expresa ou presunta del.

O prazo de interposición do recurso de reposición é dun mes e resolverase no prazo dun mes; transcorrido este poderase entender desestimado por silencio administrativo.

O prazo para a interposición do recurso contencioso administrativo é de dous meses. No caso de interposición previa do recurso potestativo de reposición, o prazo contarase desde o día seguinte ó da notificación da súa resolución. Se non houbese resolución expresa, o prazo será de seis meses e contarase desde o día seguinte a aquel no que se entenda presuntamente desestimado.

Culleredo, 16 de xuño de 1999.

P.D. (Resolución 28-6-1995)

Carlos Martínez Rego

Alcalde