Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 19 de xullo de 1999 Páx. 9.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 8 de xuño de 1999, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobar con carácter definitivo, en exercicio da competencia delegada pola disposición adicional cuarta da Lei do solo de Galicia, o documento de modificación puntual do PXOU no ámbito da UA nº 52, elaborado polo arquitecto municipal, que ten por obxecto reaxusta-lo ámbito desta unidade substituí-lo equipamento deportivo por zona verde, reordena-los volumes edificatorios e vías modificándose tamén a tipoloxía edificatoria e ordenanza de aplicación que pasa de ordenanza 4-cuarteirón pechado a ordenanza 5-edificación aberta e recualificación dos terreos que polo reaxuste que se realiza quedan fóra da unidade e que pasan de equipamento deportivo a sistema xeral viario, coas modificacións, respecto ó documento inicialmente aprobado, derivadas dos informes sectoriais en materia de estradas, do informe emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e das alegacións presentadas no período de información pública».

O anterior acordo ponlle fin á vía administrativa e contra el pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a súa publicación.

Culleredo, 15 de xuño de 1999.

P.D. (Resolución do 28-6-1995)

Carlos Martínez Rego

Alcalde