Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 19 de xullo de 1999 Páx. 9.346

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (34/1999-M).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

De que no xuízo verbal de faltas nº 34/1999, que neste xulgado se segue por danos e ameazas, se dic

tou sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 34/1999, seguidos neste xulgado sobre danos e ameazas, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante José Aceituno Ortega, e a denunciada Josefa Ascariz Penas.

Debo absolver e absolvo libremente a Josefa Ascariz Penas das faltas de danos e ameazas polas que foi denunciada, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación a Josefa Ascariz Penas, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado