Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 19 de xullo de 1999 Páx. 9.346

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (40/1999-M).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

De que no xuízo verbal de faltas nº 40/1999, que neste xulgado se segue por estafa, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1999.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 40/1999, seguidos neste xulgado sobre estafa, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, o denunciante Manuel Lourido Iglesias, e o denunciado Agustín Ferreiro Paz, e o representante legal de Galicia Gas, SL.

Debo absolver e absolvo libremente a Agustín Ferreiro Paz e o representante legal de Galicia Gas, SL, da falta de estafa pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación a Agustín Ferreiro Paz e a Galicia Gas, S.L., en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o once de xuño de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado