Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 19 de xullo de 1999 Páx. 9.341

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1999, dos tribunais números 1, 2, 3 e 4 designados para xulga-lo proceso selectivo no corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Na súa sesión do día 7 de xullo de 1999 os tribunais números 1, 2, 3 e 4 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros convocado por Orde do 26 de agosto de 1997 (DOG nº 198, do 14 de outubro), vistas as propostas presentadas polos catro tribunais, acordouse de conformidade coa base IV.1., publica-las propostas de aspirantes que superaron, por orde de puntuación, as citadas probas, tanto polo sistema de promoción interna como de acceso libre.

Así mesmo, tal e como dispón a base IV.1 acordouse que o tribunal número 1 eleve a citada proposta ó director xeral da Función Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma de puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón II.2.4. que é o que figura nos anexos I, II, III e IV que se xuntan á presente resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1999.

Enrique Álvarez Romero

Presidente do tribunal coordinador número 1