Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración dun equipo de ecocardiografía Doppler Color, un equipo radiocirúrxico móbil de Rx e un ecógrafo xinecolóxico.

A Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, de 11 de maio), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

*C.P.6/99, dividido en 3 lotes:

Lote 1. Un equipo de ecocardiografía Doppler Color.

Lote 2. Un equipo radiocirúrxico móbil de Rx.

Lote 3. Un ecógrafo xinecolóxico.

Orzamento:

Lote 1: 17.000.000 de ptas. (dezasete millóns de pesetas) 102.172,258 euros.

Lote 2: 9.500.000 ptas. (nove millóns cincocentas mil pesetas) 57.096,150 euros.

Lote 3: 6.900.000 ptas. (seis millóns novecentas mil pesetas) 41.469,835 euros.

Prazo de execución: entrega única.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

Criterios de adxudicación:

Características técnicas: ata 40 puntos.

Asistencia técnica: ata 25 puntos.

Prezo: ata 20 puntos.

Prazo de entrega: ata 15 puntos.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación.

Lote 1: (340.000 ptas., 2.043,441 euros).

Lote 2: (190.000 ptas., 1.141,923 euros).

Lote 3: (138.000 ptas.,829,397 euros).

A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa, ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 21 de xuño de 1999.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director xerente do Hospital da Costa de Burela