Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, de servicios financeiros propios de entidade bancaria, neste complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) convoca o seguinte concurso:

-Expediente 41/99:

1. Obxecto: establece-la contratación dos servicios financeiros propios dunha entidade bancaria no Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

2. Prazo de execución: 4 anos contados a partir da data de formalización do contrato, podendo prorrogarse antes da súa finalización, por mutuo acordo das partes e períodos máximos de dous anos.

3. Garantía provisional: 48.000 ptas. (288,489 euros).

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

7. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas. (BOE nº 119, do 19 de maio).

8. Criterios de adxudicación:

Condicións económico-financeiras ofertadas ós usuarios (entre 0 e 10 puntos).

Melloras adicionais (entre 0 e 10 puntos).

Amplitude da gama dos servicios (entre 0 e 3 puntos).

Canon ofertado (entre 0 e 3 puntos).

9. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº: 986 81 60 28 e fax nº: 986 81 60 65.

10. Prazo de presentación de proposicions: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado

a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

11. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, referencias técnicas e oferta económica, descritas no PCAP.

12. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do hospital xeral as 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

13. Anuncios: o anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 17 de xuño de 1999.

José Manuel Gónzalez Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo