Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01355-O-1998 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do plazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa

resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións -firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo-; e de non facelo así procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-01355-O-98

M-5582-BU

G.C. Tráfico

Pedro Varela Seijo

Remedios, 28-1º

322 Ourense

Transportar terra (material de desentullo) carecendo de autorización administrativa de transportes.

11-12-1997; 12.30; N-525; 236

Art. 90 da Lei

16/1987 e Art. 41

do R.D. 1211/1990

Art. 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D.1211/1990

250.000 ptas.
PO-00429-O-98

V-7059-BG

G.C. Tráfico

Gestión Logística de Vehículos, S.L.

Ourense, 67

2820 Madrid

Circular cun transporte de coches en número de sete, carecendo de tarxeta de transportes. Presenta distintivos de radio de acción nacional de servicio público. ITV do vehículo tractor caducado. Servicio público.

4-4-1998; 07.55; N-550; 135

Art. 90 da Lei

16/1987 e Art. 41

do R.D. 1211/1990

Art. 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

460.000 ptas.