Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.267

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999 de corrección de erros da Resolución do 28 de maio de 1999 (DOG do 23 de xuño), pola que se convocan probas selectivas para cubrir 19 prazas de oficial de laboratorio (grupo IV), vacantes no cadro de persoal desta universidade.

Advertidos erros na dita convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia do 23 de xuño de 1999 (nº 119) e visto o artigo 105.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cómpre face-las correccións que figuran a continuación:

Na páxina 8.033, no anexo I, no punto 1.1, alínea segundo exercicio, onde di: «Segundo exercicio: consistirá no desenvolvemento por escrito dun suposto práctico con respostas alternativas, relacionado coas materias do temario específico».

Debe dicir: «Segundo exercicio: consistirá no desenvolvemento por escrito dun suposto práctico

desagregado en preguntas con respostas alternativas das que só unha será a correcta».

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela