Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.266

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 79, do 27 de abril de 1999, de conformidade co establecido no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e logo dos acordos da Comisión de Goberno do 16 e 21 de xuño deste ano, este consello

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se expresan no anexo desta resolución, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas comezará a contarse a partir do día seguinte do cesamento, e será de tres días, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles fosen concedidos ós interesados.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido, dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1999.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello

de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 7631223235 A2086.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Rodríguez Couceiro, Fernando.

Posto de traballo: interventor.

Nivel: 30.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP/DNI: 3325742335 A1622.

Grupo: D.

Apelidos e nome: López Vázquez, Humberto.

Posto de traballo: auxiliar (secretario nivel 30).

Nivel: 16.

Localidade: Santiago de Compostela.