Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.250

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 207/1999, do 15 de xullo, polo que se dispón que cese Diego Bernal Llorente como delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais na Coruña.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Que cese Diego Bernal Llorente, por petición propia, como delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais na Coruña, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, quince de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais