Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00011-I-1999 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que ditas resolucións non agotan a vía administrativa, podendo interpoñeren recurso ordinario ante o consellerio de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do plazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso e que se notifique

a súa resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante tranferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións-firmeza que se producirá o non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo e de non facelo así procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 17 de xuño de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00011-I-99

Obstrucción

LE99OR0033251838

Atlanticobus, S.L.

Polígono de Adormideiras

Esde.Balea, 7-2º

152 A Coruña

Con data de rexistro de saída 18 de novembro de 1998, foi requirida a empresa Atlanticobus, S.L., para que no prazo de 10 días remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama dos vehículos matrículas M-0147-HC e M-9939-ID, do período comprendido entre o 6 de setembro de 1998 e a data de recepción do requirimento, así como relación de conductores que prestaron os seus servicios nos vehículos durante o dito período de tempo. Segundo o correspondente a recepción do requirimento tivo lugar o 19 de novembro de 1998. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o cal constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas funcións.Art. 33 da Lei 16/1987, de 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e Art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143

Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990

250.000 ptas.
DX-00091-I-98

M-9939-ID

LE9OR0032413918

Atlanticobus, S.L.

Polígono de Adormideiras, Edif. Vales, 7

152 A Coruña

Realizar transporte público regular de viaxeiros de uso especial (escolar), o colexio privado Videlba, co vehículo matrícula M-9939-ID, carecendo de tarxeta de transportes, así como da autorización administrativa especial que habilita para realizar transporte escolar, presentando a ITV caducada desde o día 10-3-1998, carece no vehículo de: libro de reclamacións, libro de ruta, distintivos indicativos do transporte que realiza (escolar), e ostenta distintivos que se corresponden cunha autorización VD-territorial. Itinerario realizado: Arillo-Sada-Cecebre-Colexio Videlba.

23-3-1998; 9

Art. 200 do R.D. 1211/1990, Art. 4.3º R.D. 2296/1983 e Art. 5 da Orde do 25 de outubro de 1990, pola que se regulan os distintivos dos vehículos que realizan transporte (BOE nº 260, do 30), Art. 89 da Lei 16/1987, Art. 105 do R.D. 1211/1990 e R.D. 2296/1983, Art. 222.3º do R.D. 1211/1990 e O.M. 25 de outubro de 1990 O.M. do 25 de outubro de 1990 sobre documentos de control en relación co transporte de viaxeiros (BOE nº 260, do 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990460.000 ptas.
DX-00584-I-98

LE9OR0033289433

Cesáreo Rey López

Piñeiro, s/n

36540 Silleda (Pontevedra)

Con data de rexistro de saída do 23 de outubro de 1998, foi requirido Cesáreo Rey López, para que, no prazo de 10 días, remitise a esta subdirección xeral copia compulsada de factura por el emitida polo porte realizado o día 5-10-1998 co vehículo da súa titularidade PO-1583-AJ. Segundo o correspondente, tivo lugar o día 26 de outubro de 1998. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o que é constitutivo dunha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicio de inspección.

12-1-1999; 12

Art. 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e Art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.