Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 17 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-01687-O-1998 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que as ditas resolucións non agotan a vía administrativa, podendo interpoñer

recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións-firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo, e de non face-lo así procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións púbicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, de 26 de novem

bro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 17 de xuño de 1999.

P.D. (Resolución do 18-5-1999)

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

LU-01687-O-98

LU-0445-B

G.C. Tráfico

Construcciones Noceda, S.L.

Valdriz, s/n

27360 Láncara (Lugo)

Realizar un transporte con carga útil en réxime de servicio público, carecendo de autorización de transportes. Circulaba cunha autorización MDP dada de baixa en data 8 de outubro de 1998.

12-11-1998; 11.15; N-120; 540

Art. 90 da Lei 16/1987 e Art. 41 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990

250.000 ptas.
OU-02787-O-98

OR-2640-N

G.C. Tráfico

Obras, Tendidos y Caminos, S.A.

Estr. Ponferrada, Edif. Ponferrada, s/n

324 Ourense

Transportar aglomerado, carecendo de tarxeta de transportes, realizando servicio discrecional de mercadorías. Ostenta distintivos de cor branca de ámbito nacional de Ourense.

26-6-1998; 9.30; N-540; 23

Art. 90 da Lei 16/1987 e Art. 41 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.
OU-02828-O-98

OR-4072-L

G.C. Tráfico

Oteca, S.A.

Ramón Otero Pedrayo, Edif. Ponferrada, 1 C

324 Ourense

Circular un camión transportando pedra, con orixe en canteiras Arias Hrnos. e destino para unha obra da deputación, carecendo de tarxeta de transportes. Ostenta distintivos públicos provinciais de Pontevedra.

19-6-1998; 10.40; N-540; 14

Art. 102.3º da Lei 16/1987 e Art. 157 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.
XC-00021-O-98

V-1601-CZ

G.C. Tráfico

Transouvenir Sociedad Civil

Avda. País Valenciano, 63

46770 Xeraco (Jacaro)

Valencia

Circular efectuando un transporte de madeira carecendo de tarxeta de transporte. Ostenta distintivos ámbito nacional MPD.

28-12-1998; 16; A-9; 16

Art. O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30) Art. 90 da Lei 16/1987 e Art. 41 do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990500.000 ptas.