Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.217

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (111/1999).

Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Com

postela, fai saber que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por David Gago Rodríguez, nos que se acordou citar por edictos o demandado en paradoiro descoñecido, Ataúdes Compostela S.A.para que o día 4 de octubro, ás 10.05 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado ós actos de conciliación e xuízo previstos para esa data. Advírteselle que a súa incomparecencia inxustificada non impedirá a realización dos devanditos actos, que continuará o procedemento o seu curso, e que as seguintes comunicacións que se lle deban facer se realizarán nos estrados deste xulgado, agás as que deban revisti-la forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento. Tamén se lle advirte que pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio de representante designado mediante poder cumprido, mediante comparecencia perante este xulgado ou o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio, e que deberá acudir con tódolos medios de proba de que intente valerse.

Comunícaselle tamén que as copias da demanda e dos documentos que con ela se achegan están á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que se publique no Diario Oficial de Galiciae lle sirva de notificación, citación e requirimento ó demandado en paradoiro descoñecido, Ataúdes Compostela S.A.expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela, o 18 de xuño de 1999.

O secretario

Rubricado