Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.217

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (5/1999).

Pola presente cédula, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas 5/1999, sobre lesións (agresión), feito acontecido en Santiago de Compostela o 12-7-1998, sendo o denunciado Mariano José López Lucas, cítase a Eugenia Callejo Ulloa, en concepto de denunciante, co fin de que o día 14 de setembro de 1999, as 10.15 horas, compareza perante a sala de audiencia número dous do Xulgado de Instrucción número un, sita na primeira planta do Pazo de Xustiza, rúa Viena s/n, de Santiago de Compostela, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañada de cantos medios de proba intente valerse, prevíndoa de que, caso de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuícios a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación a Eugenia Callejo Ulloa, cos apercibimentos acordados, expido esta cédula para a sua inserción no Diario Oficial de Galiciaen Santiago de Compostela, o dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado