Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.183

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado concertado Nuestra Señora de la Esperanza de Vigo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado concertado Nuestra Señora de la Esperanza de Vigo no que solicita a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación primaria.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizarlle ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo desta resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento dela, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1999.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia de Pontevedra

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Cambeses, 18.

Denominación: Nuestra Señora de la Esperanza.

Titular: Purificación Prieto Muíños.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 2.

Unidades novas autorizadas: 1.

Composición resultante:

Centro de educación infantil: 3 unidades.

Centro de educación primaria: 6 unidades.

Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Centro de educación especial: 1 unidade (psíquicos).